➤ obra / partituras / Frixia ⓘ
Frixia ("Camiña Don Sancho")
Obra polifónica: César del Caño
Sobre un romance monódico tradicional de Galicia
recompilado por Faustino Santalices (1877-1960)
Obra polifónica a capela
Voces: 3 vm (SABr)
Páxinas: 3
Duración Aprox.: 02:20
Dificultade interpretativa: media
Idioma: galego antigo
Esta edición inclúe páxina adicional con texto íntegro traducido a español e inglés
Data de composición: 2016
Data de Revisión: 2021
Ed.: BuleBule Produccions, 2021 · Ref. MC0374c
© César del Caño, 2016 · SGAE Nº 15.604.917
Trátase dun romanciño dos chamados fronteirizos, popularizados no S. XIV a través dos xograres, e que constitúen documentos poéticos da historia e intrahistoria de dúas comunidades enfrontadas (a cristiá e a musulmá). Fala de feitos máis ou menos verídicos e de persoeiros pertencentes á historia común de León e Galicia.
Nel, unha vez máis, aparece a figura do Rei Don Sancho ligada ó mito da xove cristiá cativa no territorio musulmán peninsular, e a quen el se dispón a ceibar.
A melodía orixinal está construida en modo frixio, un dos modos musicais medievais, sobre o que está realizada tamén esta versión coral, levándoa finalmente ó punto das chamadas escalas xitana e arábiga; de aí o seu título.