top of page
César  del  Caño

➤  obra / discografía / Porgaleuzca 

Porgaleuzca (Libro-CD)

 

Coro Universitario Galego de Barcelona:

voces

César del Caño:

obras corais de tódalas cancións versionadas, banda sonora da rapsodia, voz solista, dirección musical e coordinación xeral

Colaboran:

Aula Universitaria Galega de Teatro de Barcelona:

rapsodia

Camilo Valdehorras:

dramaturxia, dirección escénica, supervisión lingüística e asesoramento intelectual
 

CRÍTICA:

"El disco Porgaleuzca merece estar en el mejor lugar de cualquier discografía de sello gallego"

Fernando Franco  (Faro de Vigo)

"O traballo deste músico, [...] converte a Barcelona nun dos epicentros de creatividade da música Galega"

Xurxo Souto  (C. E. Ferreiro, Fotobiografía sonora

Ed. Ouvirmos)

"Porgaleuzca non é un exercicio nostálxico dun tempo e dunha acción artística e comunicativa, é unha mostra viva daquela realidade hoxe convertida en patrimonio cultural, en memoria lúcida, en referencia histórica que nos enche de orgullo"

Miguel Anxo Fernán-Vello  (O Correo Galego)

"Este elenco, aínda escasa e inxustamente semidescoñecido na propia Galicia, desenvolve a súa importantísima tarefa cultural baixo a dirección do músico César del Caño. [...] Unha proposta artística orixinal, atrevida e osada onde as haxa"

Salvador Rodríguez  (Faro de Vigo)

"Non estamos diante dun traballo discográfico máis. Neste a investigación musical do director César del Caño achéganos parte da historia musical de Galiza [...]. Unha xoia"

Antón F. Escuredo/A. Belén Real  (Emigración Galega)

"Outro rasgo distintivo é a súa riqueza musical; non en balde o director do coro ten experimentado nos diversos camiños do canto coral. [...] Só con esa bagaxe e formación pode lograrse un disco tan variado coma este."

Xoan Manuel Estévez  (A Nosa Terra)

"Una obra señera que recoge los diversos factores y protagonistas que hicieron de Voces Ceibes un evento histórico musical irrepetible".

Nonito Pereira  (El Ideal Gallego)

CONTIDO:

A edición consta dun CD inserido nun libro complementario.

 

O CD está estruturado en tres partes:

I - Versións corais sobre cancións do colectivo de cantautores galegos Voces Ceibes (Vicente Araguas, Miro Casabella, Bibiano, Benedito, Xavier G. del Valle, Xerardo Moscoso e Guillermo Rojo), que desenrolaron a súa actividade a finais da década dos 60' e comezos dos 70'


II - Homenaxe ós seus coetáneos vascos Ez dok amairu (versión dunha canción de Mikel Laboa), os cataláns Els setze jutges (versión dunha canción de Lluís Llach), e os portugueses representados na ineludible figura de Jose Afonso (Zeca Afonso).


III - Rapsodia escénico-coral Seoane e as andoriñas, sobre textos de Luis Seoane, con libreto de Camilo Valdehorras e música de César del Caño, nunha colaboración do Coro Universitario Galego de Barcelona (CUGAB) coa Aula Universitaria Galega de Teatro de Barcelona (AUGATEBA).

Pistas de audio:

I - Voces Ceibes (obras corais: C. del Caño):

01 - Samba prá mocedade (Bibiano Morón/Celso E. Ferreiro)
02 - Enterro do neno probe (Benedicto G. Villar/L. Pimentel)
03 - ¡Quen tivera vinte anos! (Guillermo Rojo)
04 - María Soliña (Xavier G. del Valle/Celso E. Ferreiro)
05 - O umbral (Xerardo Moscoso/X. Les)
06 - O camaleón (Vicente Araguas)
07 - Ti, Galiza (Miro Casabella/X. Costa Clavell)

II - Homenaxes (obras corais: C. del Caño):

08 - Txoria txori (Mikel Laboa/J. A. Arze-Euskadi)
09 - Vinyes verdes vora el mar (Lluis Llach/ J. M. Segarra-Catalunya)
10 - Canto moço (Jose Afonso-Portugal)

III - Rapsodia escénico-coral (texto: Luis Seoane / Música: C. del Caño)

11 - Seoane e as andoriñas

 

O libro (95 p. 210 × 297) contén, ademais de diversos datos referentes o coro e á rapsodia, unha reseña de Voces Ceibes e dos seus coetáneos, unha ficha de cada autor homenaxeado esí como un inventario das súas obras editadas (o primeiro inventario realizado sobre estas cancións).
Inclúe tamén as partituras corais das obras interpretadas no CD.

FICHA ARTÍSTICA:

· Solistas (CUGAB):

Larilyn Cole (Lari Cole / Alona Cole), Carrie Schofield, Eva Torres, Paquita Alemany, Mercé Guerrero, Fernando Rodríguez, Bernabé Déniz, César del Caño

· Coro:

SOPRANOS: Ana Losada, Carrie Schofield, Jonina Lyasaóttir, Julia Martínez, Larilyn Cole, Patri Lloyd, Victoria Viñas

MEZZOS: Carmen Bono, Julia Fouces, Laura Benítez, Lisa Bergeron, Marta Cabrero, Naoko Motojima, Nuria Rodríguez, Stephanie Truitt, Rosa Couto

CONTRALTOS: Elisabeth Carré, Emanuela Giustozzi, Eva Torres, Marta Nogareda, Mercé Guerrero, Paquita Alemany, Sandra Albamonte, Sonia Llorens

TENORES: Albert Alonso, Bernabé Déniz, Josep Breu, Juan Zwart, Ramón Ezquerra

BAIXOS: Arturo Rubí, Camilo Valdehorras, Fernando Rodríguez, José Antonio Martín, Uxío Díaz

COLABORAN: Ana Belen Real, Ferràn Cruixent, Irene Simón, Oriol Cruixent, Paola Beiro, Víctor Álvarez Carracedo

· Piano: Marta Cabrero
· Secuenciadores: César del Caño

· Rapsodas (AUGATEBA): Antón Casal, Jonathan Dunne, Irene Simón, Luz Pereira, Helena Fernández, Xosé M. Conde, Haníbal Ledo, C. Valdehorras

· Francisco Kraus: asesoramento técnico vocal.
· Camilo Valdehorras: supervisión lingüística, dramaturxia,  dirección escénica e asesoramento intelectual.
· César del Caño: obras corais sobre as melodías orixinais, banda sonora da rapsodia e dirección musical
.


FICHA TÉCNICA:
· Gravación: Capella de l’Esperança (Barcelona), febreiro a abril 1996
· Unidade móbil: Maratón Estudio (Barcelona)
· Enxeñeiros de son: Antonio Prió, Paco Benages e Josep Antoni Llop
· Informatización de textos e partituras, deseño e maquetación: Eva Torres, BuleBule Produccións
· Deseño portada: C. Valdehorras / C. del Caño
· Fotos: Yolanda Cañardo, Ramón Ezquerra, Marta Cabrero, C. Valdehorras
· Fotocomposición e impresión: Cuc Desing S.L. (Barcelona)
· Edición CD: Master Records
· Produción artística e coordinación xeral: C. del Caño
· Produción executiva: CUGAB

AGRADECEMENTO ESPECIAL:

· Jei Noguerol, quen nos prestou a meirande parte do material fonográfico no que nos baseamos pra realizar as versións corais.

· Vicente Araguas, Benedicto, Xavier G. del Valle, Miro Casabella, Bibiano, Mikel Laboa e  Andreas Klaus (iste en nome de Lluis Llach); polo material aportado e por tódalas facilidades prestadas.

· Miguel Anxo Fernán-Vello, Manuel María, Millán Picouto, Bernardino Graña, Uxío Novoneyra, Carlos Villanueva, Moncha Prieto e Quica Veloso; pola súa colaboración desinteresada nas diferentes presentacións do traballo.

· Pepe Luis López de Prado, polo seu impagábel apoio loxístico.

LOCALIZACIÓN DO LIBRO/DISCO:

Biblioteca de Catalunya
· Títol: Porgaleuzca [Música impresa]: Coro Universitario Galego de Barcelona / [versión coral: César del Caño]
· Publicació: Barcelona : Maratón Estudio, DL 1996
· Descripció: 1 partitura (95 p.) : il. ; 30 cm


Rede de Bibliotecas de Galicia

César  del  Caño
bottom of page