top of page

➤  bío / presentación

Eu son voz.

Esto, que en principio podería parecer un delirio, en realidade non o é, porque o certo é que eu nada sería sen a capacidade de cantar, sen ise don.

Por outra banda, á parte de consideracións espirituais, o canto, coma calquera outra profesión ou oficio, esixe por parte do intérprete, entre outras cousas, toda unha disciplina e un constante entrenamento diario coa fin de acadar e manter unha escrupulosa sincronización, un perfecto equilibrio e unha fluída harmonía entre corpo, mente e espírito.

É por esto que, canto máis estudo e aprendo, máis medra en min o temor a me describir como "cantor", ou mesmo como "compositor" ou simplemente como "músico"; máis pequeno me sinto ante a inmensidade desas palabras.

Veleiquí, xa que logo, a xeito de audiopresentación, unha escolma de fragmentos de obras, propias na súa maioría, cantadas en concertos en vivo e gravacións diversas, que, lonxe de toda pretensión de ostentación, constitúen unicamente pequenos retallos dun momento evolutivo concreto na constante aprendizaxe técnica do oficio e da propia arte, tanto na súa vertente creativa como interpretativa.

César  del  Caño
bottom of page