➤ bío / perfil profesional
Como compositor, cantante e instrumentista ten editados, xunto con outras colaboracións e publicacións colectivas, os álbums Expreso Estrella e As 5 Cantigas de Xohán de Requeixo, nos que abrangue diferentes estilos que van dende a música tradicional e a medieval, ata as novas tendencias, ou, nos máis dos casos, fusionando todos eles de xeito persoal na busca dunha expresión propia e única.
Autor dunha grande cantidade de partituras, nomeadamente de música polifónica, algunhas das cales foron gravadas por diversos grupos e publicadas en edicións gráficas ou discográficas.
Eventualmente ten levado a termo determinados proxectos como cantante lírico, materializados maioritariamente en espectáculos liederísticos baseados en obras pra canto e piano de recoñecidos compositores como Schubert, Tosti, Gaos, Barja, Mompou, Toldrà, Montsalvatge, Halffter... entre outros.
De xeito paralelo ten desenrolado unha considerábel actividade dentro do eido polifónico, sendo salientábel o seu traballo no seo da Universitat de Barcelona como fundador e director de grupos-escola, tales como Don de Son, Galeuzcamerata e mailo Coro Universitario Galego de Barcelona, publicando con este último o libro/CD Porgaleuzca.
(Ver menu "obra/discografía").