top of page

➤  bío / cronoloxía

Lembranzas antigas dun mundo líquido,

pola banda do Ribeiro:

taberna, tratantes, bestas,

uvas, cubas, silvas,

chuvia, prensa, viño,

nai, mestra, nai, camiño,

escola,

camiño, mimosas, orballo,

névoa,

encoro, névoa...

nai, lareira, fume, espera,
fume, lume, nai, espera…

​

e, ó fondo,

o olimpo dos tronos,

a porta do alén,

o reino celeste de Navia

psicopompa da iauga

a velar o val;

entre o sur e o poñente,

sempre:

o Coto de Novelle...

​

Todo o que veu dispois é só unha consecuencia, unha catarse:

· 1969

/ setembro · Bacharelato nun colexio de curas, algúns deles caídos do espazo exterior; pero esa ha ser outra historia, outro pretexto, outra catarse.

O "Salón de Actos", aquil templo de música, creatividade, compañeirismo e harmonía humana ó que só uns poucos tiñamos permiso de libre acceso diario. Naquil espazo máxico comecei a confiar en que, dispois de todo, algo especial estaba reservado pra min.

​

· 1976

/ abril · Descubrimento da guitarra como vehículo de expresión e como ferramenta de construción dun futuro propio sobre un presente maldito. Toda a enerxía interpretativa canalizada a duras penas a través de dous acordes aprendidos en refuxios clandestinos compartidos.

 

· 1977

/ outubro · Comezo dos estudos universitarios na Normal de Ourense.

​

IMG_20150729_200808_SalonDeActos_ResplandorDifuso_BR.jpg

· 1978/79

➤ / Primeiras gravacións de cancións propias, en emisoras de radio, e primeiros concertos en locais diversos de Ourense.

​

/ novembro · Descubrimento do mundo coral: incorporación ó Orfeón Unión Orensana, baixo a dirección do mestre Xerardo Salgado Valdés.

 

· 1980

➤ / novembro · Discoteca Long Play (Ourense): primeiro "contrato" estábel como cantautor e primeiro soldo decente, mil pelas por noite. (Gigi, xerente e santo varón, sempre no meu corazón)

​

· 1981

➤ / outubro-decembro · Novas gravacións prá radio e novos concertos, en Ourense, agora a dúo con Juan Hermida.

​

· 1982

/ outubro · Fuxida da claustrofobia vital e intelectual: primeira viaxe a Barcelona; guitarra ás costas e tódolos soños metidos nunha mochila.

 

Cantar na rúa e no metro, como xeito de expansión e liberación persoal, un antigo devezo por fin feito realidade. Eu ante a xente anónima, sen máis carta de presentación cá miña voz e maila miña guitarra; sen outro pretexto có compromiso innegociábel da procura da miña propia verdade. Apaixoante e enriquecedora experiencia vital e espiritual.

Haberá libro-disco?

Poida que si.

​

·1983

/ xaneiro · Obxección de conciencia ó Servicio Militar Obrigatorio. Contacto co MOC.

Fixación da residencia en Barcelona.

​

➤ Época de concertos en diversos pubs, clubs, locais nocturnos e emisoras de radio de Barcelona.

Pequeno concerto, con Ramón Muns, no miting de Federica Montseny, Pavillón do Club Joventut de Badalona.

​

/ outubro · Comezo dos estudos musicais, no Taller de Músics de Barcelona.

​

Cofundación do Grupo Poético-Musical, conxuntamente co poeta Adolfo Castaños, o grupo Lahiez e outros.

Vanguardia1984_04_05_pax4.jpg

· 1984

/ marzo · Contacto coa diva operística Ghena Dimitrova con inesperada e desbordante atención mediática provocada pola publicación dunha reportaxe alusiva en La Vanguardia (primeira plana e páxina 4), e maila emisión en TV3 no programa de noticias en horario de máxima audiencia; dispois deso, o teléfono soou a diario durante semanas.

​➤ Época de colaboración e amizade co poeta Adolfo Castaños e tamén con Conchi Carracedo en diversos eventos conxuntos.

 

/ maio · Gran Teatre del Liceu (Barcelona), intervención na representación do Requiem de Verdi como membro do coro, por empeño de Ghena Dimitrova.

​

➤ Concerto, con obra propia, en La Pedrera, Barcelona, a petición de Olegario Sotelo Blanco a raíz da repercusión mediática.

 

Cofundación dos colectivos autoxestionarios de músicos, Pauta  e  Artistas Asociados, con Emiliano Valdeolivas, o grupo Lahiez e outros.

​

Comezo dos estudos de Canto, con Julia Conesa (primeiras nocións básicas).

 

➤ / xuño · Concerto en La Cova del Drac (Barcelona), emitido por Radio 3, de RNE. Con Benjamí Santacana, ó piano; Hiroshi Kobayashi, á frauta traveseira; Conchi Carracedo, xunto con membros de Artistas Asociados e outras persoas achegadas, nas voces de coro.

​

· 1985

Incorporación ó Orfeó Català, do Palau de la Música Catalana, baixo a dirección de Simon Johnson.

​

Continuación dos estudos musicais, agora no Espai Avinyó, de Barcelona  (Guitarra, con Yoshimi Otani).

 

· 1986

➤ Nace meu fillo, Víctor.

Ser pai: a cousa con máis sentido, máis seria e importante que a un lle pode pasar na súa vida.

​

Incorporación ó coro de cámara Música Ficta, especializado en madrigais do Renecemento e Música Antiga en xeral, baixo a dirección de Eugenio Malm, grupo do que tamén forma parte Alfonso Alegre Heitzmann, entre outros e outras.

​

➤ Época de concertos, con repertorio propio, acompañado por un grupo instrumental de cámara, en diversos teatros, entidades e centros cívicos.

​

· 1987

/ agosto · Xira de recopilación etnomusicolóxica, por Aragón, co Grupo Lahiez, co padroádego da Diputación General de Aragón.

​

/ outubro · Incorporación, como cantor e axudante de dirección, ó coro de cámara I Vocalisti, especializado en música litúrxica rusa, baixo a dirección de Eugenio Malm.

​

· 1988

Incursión no eido da radio en colaboración con Moncha Prieto.

 

· 1989

➤ / maio · Publicación da canción Neno orfo con cabalos ao fondo, no LP colectivo Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro.

​

Organización, xunto con Moncha Prieto, do primeiro encontro de radiofonistas galegos de Cataluña, xérmolo da futura asociación Espazos Radiofónicos Galegos en Cataluña.

​

· 1990

Época con numerosos concertos como integrante do octeto catalá de jazz vocal A Capel·la, grupo do que tamén forman parte Dàmaris Gabert, Anna Chiva e Àlex Martínez, entre outros.

​

Continuación dos estudos de canto, agora con Francisco Kraus (apoio de aire, voz en máscara).

​

Década de intensa actividade coral: fundación e dirección de diversos coros en senllas asociacións culturais, tanto galegas como catalás; actividade que, insospeitadamente, se ha prolongar durante os  segiuintes trinta anos.

​

➤ Anos de fecunda colaboración e amizade co gaiteiro e profesor Manoel Muxico Rei e mailo seu Grupo de Investigación Musical Marexada en Fisterra, con diversos concertos e gravacións discográficas.

​

César del Caño · Concerto en La Báscula, Barcelona. Com Manoel Muxico Rei (gaita), Esther Requena (voz), Conchi Carracedo (voz), Hiroshi Kobayashi (frauta traveseira), Gonsalo Alberto (chelo)...

· 1991

➤ Gravación da  Marcha espontánea nº 1 e maila  Marcha espontánea nº 3, por encargo da asociación Cova da Serpe, de Barcelona, pró seu LP O campo da fonte  (ed.: Edigal).

​

➤ Gravación da primeira fase do CD Expreso Estrella, en Maratón Estudio, de Barcelona.

Envíolle a gravación a Pedro Vaquero, director de Sonifolk. Góstalle e acepta publicalo e distribuílo facéndose tamén cargo dos gastos de gravación, pero finalmente non é posíbel chegar a un acordo en diversos detalles, polo que, tres anos dispois, acabo pondo o proxecto en mans de Sons Galiza, selo que definitivamente se fai cargo da edición e distribución.

Miña aboa adoitaba dicir que "cumpría nacer dúas veces" pra poder reparar os erros cometidos na primeira.

​

Nacho Mirás, César del Caño, Manoel Muxico, Ernest Agramunt · Gravación de "Expreso Estrella" e "O Campo da Fonte" · 1991/02

· 1992

➤ / abril · Fundación do Coro Universitario Galego de Barcelona (CUGAB), no seo da Universitat de Barcelona (UB), co apoio institucional e a amizade de Camilo Valdehorras, profesor da Área de Filoloxías Galega e Portuguesa, e mailo Dr. Salvador Claramunt, vicerreitor de Activitats Culturals.

​

Composición da obra A fuxida, por encargo da asociación Espazos Radiofónicos Galegos en Cataluña, pra servir de sintonía común a tódolos programas asociados. Esta sintonía sairía posteriormente publicada no meu CD Expreso Estrella co título ERGAC, acrónimo do nome da devandita asociación.

​

➤ / decembro · Gravación da segunda fase do CD Expreso Estrella, en Maratón Estudio, de Barcelona.

​

· 1993

/ maio · Dirección do CUGAB na sua primeira presentación pública, no paraninfo da UB.

​

/ setembro · Fundación (con Eva Torres) e dirección do grupo polifónico de cámara Ad Libitum; iríanse sumando en sucesivas etapas: Ramón Ezquerra, Larilyn Cole (Lari Cole), Paquita Alemany, Elvira Domínguez e Frederic Gironella, esí como a pianista/organista Marta Cabrero.

Grupo dedicado á interpretación de obras líricas e polifónicas de recoñecidos compositores como Bach, Mozart, Händel, Victoria, Schubert, Purcell, Boyce, Menegali...

​

/ decembro · Realización da adaptación polifónica, pra coro, cuarteto vocal e solistas, dos Vilancicos (orixinariamente pra coro e orquestra) de Melchor López (1759-1822), mestre de capela da catedral de Santiago.

​

Dirección do CUGAB, na interpretación pública dos Vilancicos do compositor Melchor López Ximénez, no paraninfo da UB, coa intervención das sopranos solistas Larilyn Cole (Lari Cole) e Andrea Bell.

​

Coro Universitario Galego de Barcelona · 1ª Presentación · Paraninfo UB · 1993 / 05

· 1994

➤ / maio · Publicación do CD Expreso Estrella, con obras propias, acompañado por unha formación de vinte músicos.

Presentación de Expreso Estrella na UB, coa participación de Francisco Kraus, Miguel Pérez Quintanilla, Jei NoguerolCamilo Valdehorras.

​

➤ Composición da música pró espectáculo Seoane e as Andoriñas, presentado na UB coa dirección escénica de C. Valdehorras.

​

/ setembro · Composición da obra polifónica Panxoliña, sobre o lied homónimo de Cristóbal Halffter con texto de Vicente Risco.

​

/ decembro · Dirección do CUGAB na interpretación pública, entre outras, da obra Panxoliña, no paraninfo da UB, coa intervención do tenor Alfonso Alegre Heitzmann, como solista convidado.

Recibo carta de Cristóbal Halffter agradecendo o traballo.

​

· 1995

➤ / xaneiro · Presentación de Expreso Estrella nos medios (TVG, TVE, emisoras de radio e principais xornais).

​

/ febreiro · Incorporación á Capella de Música Sta. María del Pi, de Barcelona, baixo a dirección de Manel Cabero, grupo do que formaban tamén parte os xemelgos Oriol e Ferràn Cruixent, entre outros e outras.

​

➤ / setembro · Composición da obra polifónica Galiza, Ledicia e Luz, con texto de Camilo Valdehorras.

Ver detalles no menú "obra/partituras".

​

➤ / decembro · Dirección do CUGAB na estrea pública da obra Galiza, Ledicia e Luz, no paraninfo da UB.

· 1996

➤ / maio · Publicación do Libro/CD Porgaleuzca, como compositor e director do Coro Universitario Galego de Barcelona (CUGAB). Traballo integrado por versións corais sobre cancións do colectivo Voces Ceibes, ademais da rapsodia escénico-coral sobre textos de Luís Seoane representada na UB dous anos antes.

(máis detalles no menú "obra / discografía")

​

➤ / novembro · Presentación de Porgaleuzca nos medios (TVG, TVE, emisoras de radio e principais xornais).

 

· 1997

/ abril · Fundación da Coordinadora Coral Galega de Catalunya, con representantes de tódolos coros galegos existentes no País Catalán.

​

Organización, co apoio loxístico do CUGAB e maila recén fundada Coordinadora Coral, da 1ª Xuntanza de Coros Galegos de Catalunya, evento que dende entón se ha continuar a celebrar con periodicidade anual.

​

Dirección do CUGAB, na 1ª Xuntanza de Coros Galegos de Catalunya, Capella de l'Esperança, Barcelona.

​

/ maio · Publicación do casete conmemorativo E agora... voa! integrado por unha selección de obras interpretadas na 1ª Xuntanza de Coros Galegos de Catalunya.

(máis detalles no menú "obra / discografía")

​

Coro Universitario Galego de Barcelona · Dir.: César del Caño · Capella de l'Esperança. Barcelona, 1997 / 04

 

· 1998

/ marzo · Fundación do Coro de Irmandade de Catalunya, cunha selección de cincuenta voces escollidas de entre tódolos coros galegos de Cataluña.

​

/ maio · Dirección do Coro de Irmandade de Catalunya na cerimonia da súa presentación no Paraninfo da Universitat de Barcelona.

​

/ xuño · Dirección do CUGAB e mais do Coro de Irmandade de Catalunya, coa interpretación, entre outras, de Negra sombra (Montes/Rosalía de Castro), con Francisco Kraus como solista convidado, dentro da II Xuntanza de Coros Galegos de Catalunya, no auditorio das Escolas Pías (Barcelona), como anticipo da homenaxe ó compositor Xoán Montes que se ha celebrar en 1999.

​

Coro de Irmandade de Catalunya · Dir.: César del Caño · 1ª Presentación · Paraninfo UB. Barcelona, 1998 / 05

· 1999

➤ / xaneiro · Composición da obra polifónica Pedra que florece,  pra coro e piano, con texto de Camilo Valdehorras.

Ver detalles no menú "obra/partituras".

​

/ abril · Organización da homenaxe a Xoán Montes,  no Teatro Can Gomà, de Mollet del Vallès (Barcelona), co gallo do centenario do pasamento do compositor, coa interpretación das súas  Baladas pra Canto e Piano, dentro da III Xuntanza de Coros Galegos de Catalunya,

➤ Dirección do CUGAB e mais do Coro de Irmandade de Catalunya, interpretando, entre outras, a estrea da obra polifónica Pedra que florece, con texto de Camilo Valdehorras e música de C. del Caño, co acompañamento da pianista Gemma Godall.

​

/ maio · Organización da homenaxe a Xoán Montes,  no paraninfo da UB, co gallo do centenario do pasamento do compositor, coa interpretación das súas Seis Baladas pra Canto e Piano.

Dirección do CUGAB e mais do Coro de Irmandade de Catalunya, interpretando, entre outras, a versión coral da balada Negra sombra (Montes/Rosalía de Castro), con Francisco Kraus como solista convidado.

​

➤ / setembro · Composición da obra polifónica Pange Lingua do Rei-rei,  pra coro e instrumentos, con texto de Camilo Valdehorras.

Ver detalles no menú "obra/partituras".

​

➤ / decembro · Dirección do CUGAB no paraninfo da UB, interpretando, entre outras, a estrea da obra Pange Lingua do Rei-rei.

​

 

· 2000

/ maio · Organización da homenaxe ó compositor galego-leonés Ángel Barja,  no Auditoio Enric Granados, de Lleida, dentro da IV Xuntanza de Coros Galegos de Catalunya.

Dirección  do Coro Universitario Galego de Barcelona (CUGAB), e tamén do coro do Centro Galego de Barcelona e mais do coro do Centro Leonés de Cataluña.

​

/ setembro · Encargo da orquestración da  Marcha del soldadito de plomo, de Fco. Kraus, estreada pola Banda Municipal de Las Palmas, no Teatro Pérez Galdós daquela localidade.

 

· 2001

/ xuño · Organización da homenaxe ó compositor Xosé Fernández Vide, no Auditoio das Escolas Pías, de Barcelona, coa interpretación, entre outras, da súa obra Suite Galega D'a Terra Meiga, pola pianista Yolanda Delgado, dentro da V Xuntanza de Coros Galegos de Catalunya.

Dirección do CUGAB e tamén do coro do Centro Galego de Barcelona.

​

/ outubro · Continuación dos estudos de Canto, agora con Elizabeta Bakerkina (fluidez, control de fiato e desbloqueo do rexistro agudo).

 

· 2002

/ marzo · Curso de Especialización en técnicas de teatro con Eduardo Alonso, (Santiago de Compostela).

​

César del Caño. TVG, 2003/08

· 2003

➤ Época de concertos en colaboración co zanfonista Xurxo Romaní e outros músicos acompañantes.

 

➤ / agosto · Concerto en Monte Faro (Lugo); presentación de As 5 cantigas de Xohán de Requeixo, na homenaxe ó trobador.

 

➤ Gravación das Cantigas de Xohán de Requeixo, prá TVG.

 

➤ / decembro · Publicación do álbum (libro/CD)  As 5 cantigas de Xohán de Requeixo, por encargo da Asociación homónima.

César del Caño · Monte Faro. Lugo, 2003/08

· 2004 / 2005

Época de intenso traballo como director de  diversos coros afeccionados, con gravacións discográficas, presentacións nos medios e concertos.

 

Continuación dos estudos de Canto, agora con Francesca Roig (perfeccionamento da técnica de respiración e envío de aire).

 

· 2006

/ abril · Fundación e dirección do coro-escola Galeuzcamerata, Espai Polifònic Universitari, na UB, co soporte institucional do Vicerectorat d'Activitats i Patrimoni Culturals.

​

/ abril · Dirección de Galeuzcamerata e outros coros no Saló de Cent do Ajuntament de Barcelona, co gallo da homenaxe ó mestre Joan Palet i Ibars, organizada polo propio Concello.

 

· 2007

/ abril · Continuación dos estudos de Canto, agora con Anna Feu (repertorio, voz e movemento, localización de tensións e bloqueos corporais).

 

· 2008

/ novembro · Organización e presentación do concerto da Orquestra de Cámara Galega, dirixida por Roxelio Groba Otero, no paraninfo* da UB.

* Ubicación cambiada a última hora por unha folga de estudantes.

​

➤ / decembro · Concerto lírico coa soprano Anna Feu no Liceo de Ourense (Itinerarios histórico-musicais. Organiza: Ouvirmos).

​

Curso (masterclass) "Stimme und Bewegung" (Voz e Movemento) con Kurt Widmer (Barcelona).

​

· 2010

/ novembro · Coorganización do concerto da Orquestra de Cámara Galega, dirixida por Roxelio Groba Otero, no Palau de la Música Catalana (Sala Petit Palau).

​

· 2011

➤ / febreiro · Concerto lírico, coa soprano Anna Feu, no Paraninfo da UB (Les cançons gallegues dels grans compositors).

​

César del Caño · Concerto Paraninfo UB. Barcelona, 2011/02

 

· 2012

/ maio · Curso Coaching actoral per a cantants lírics, con Xavier Albertí  (Barcelona).

​

· 2015

/ agosto · Organización da homenaxe ós paúles do Colexio Nosa Sra. dos Milagres (Ourense) represaliados nos anos 70 polo poder eclesiástico.

​

· 2016

/ abril · Fundación e dirección do grupo-escola Don de Son, na UB, co apoio do Vicerectorat d'Arts, Cultura i Patrimoni.

​

· 2018

/ abril, 25 · Gravación en estudio, co grupo Don de Son, de Loitemos! obra polifónica sobre unha canción de Benedicto* con texto de Lois Diéguez.

* Esta gravación foi realizada menos de dous meses antes da morte de Benedicto, acaecida o 4 de xuño de 2018, permanecendo inédita polo momento.

​

➤ / xullo · Publicación (xunto con Elvira Domínguez) do poemario póstumo A pel do silencio, integrado por poemas de meu irmao Víctor Álvarez del Caño, coincidindo co 25 aniversario do seu pasamento e o cincuentenario do seu nacemento.

​

/ agosto · Presentación do poemario A pel do sielencio en Ourense, nun evento restrinxido a amigos, amigas e familiares.

​

· 2019

➤ Traballo nun proxecto poético-musical co mecenado da Universitat de Barcelona e outras entidades por confirmar.

O remate do proxecto fica condicionado pola resolución da situación sanitaria mundial por causa da Covid-19

César  del  Caño
bottom of page