
➤ actividade / taboleiro / outras actividades
5.
Traballo nun proxecto poético-musical co mecenado da Universitat de Barcelona e outras entidades por confirmar.
O remate do proxecto está condicionado pola resolución da situación sanitaria mundial por causa da Covid-19
4.
Publicación e presentación (xullo 2018) do poemario póstumo A pel do Silencio, de meu irmáo Víctor A. del Caño (1968-1993), coincidindo cos 25 anos do seu pasamento e mailo cincuentenario do seu nacemento.
3.
Traballo co grupo-escola Don de Son (UB):
Gravación da versión coral da canción Loitemos, con texto de Lois Diéguez e música de Benedicto. Espérase publicala para Nadal de 2018.
Gravación levada a termo en Maratón Estudio.
Técnico de son: Antonio Prió
2.
A Fundación Celso Emilio Ferreiro convídame a formar parte do xurado do II Premio C. E. Ferreiro de poemas musicados, convida que acepto gostoso en base ó respecto que sempre sentín polo autor de Celanova.
1.
Traballo co grupo-escola Don de Son (Universitat de Barcelona):
Espectáculo Cantos e Contos, sobre textos do escritor Carlos Casares, en colaboración co actor Anxo Baranga, dentro dos actos en homenaxe ó autor na Conmemoración das Letras Galegas, 2017.